XOEL LÓPEZ lanzará novo traballo en abril

28 Dec

Con un tweet na súa conta oficial que rezaba:

“Por fin!! Xa masterizando 12 temas que conformarán ATLÁNTICO! Sen dúbida, o traballo máis profundo e intenso da nosa carreira.” (Nosa carreira? Plural maxestático?)

anunciaba Xoel López o comezo da etapa de masterización do seu novo disco en Casadiós, o estudio de gravación e producción musical de Juan de Dios Martín, colaborador habitual do coruñés desde a época de Deluxe.

Atlántico sairá á venda, falta ver en que formato, o vindeiro mes de abril do 2012. Algún dos novos temas que conformarán este traballo xa se poideron escoitar na actuación de Xoel López na gala de entrega dos Premios da Cultura Galega o pasado 15 de decembro, onde tamén perpetrou unha pouco arriscada versión do Negra Sombra de Rosalía.

A súa persoal héxira, con fuxida americana e retorno á peninsula, deu como resultado o esvaecemento do seu álter ego Deluxe e a xestación de Xoel López y La Caravana Americana, proxecto musical que o xuntaría enriba dos escenarios con máis de 30 músicos e cristalizaría nun documental homónimo producido por Arutro Lezcano.

Agora, tras ese prolífico periodo nómada, voltará editar unha ducia de cancións baixo o paraugas do seu verdadeiro nome.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: