Hello I love you (The Doors) vs All day and all of the night (The Kinks)

29 Dec

Comezamos hoxe o primeiro capítulo da categoría que Malas Músicas adicará a grandes pláxios na historia da música popular contemporánea, e que quixemos chamar Se copias non me enganas a min, engánaste a ti, por ser esta unha frase moi coñecida por todos nós e que nos retrotrae á infancia, unha etapa de inocencia e bondade desde a cal poderemos compreder mellor a todos estes inefabeis copións.
Este primeiro episodio da serie está adicado a dúas bandas míticas dos 60, cuxas obras forman parte da banda sonora vital de varias xeracións. Uns acusadores británicos (e tan británicos!), The Kinks; e uns acusados norteamericanos, The Doors.
Hello, I Love You é un tema pertencente ao álbum Waiting for the Sun (1968), traballo que marcaría o inicio da decandencia creativa de The Doors despois das dúas obras mestras anteriores, The Doors e Strange Days. A gravación do disco coincidiu co cumio na popularidade da banda e transcorreu entre grandes problemas debido principalmente ao alcoholismo galopante que padecía Jim Morrison.
Hello, I Love You foi lanzado como sinxelo ese mesmo ano, con Love Street como cara B.

Ray Davies, líder do The Kinks, presentou unha demanda por plaxio á súa canción All Day and All of the Night, tema que fora publicado como sinxelo catro anos antes e que acadara o número 2 na UK Singles Chart e o número 7 nos Estados Unidos.

Finalmente a demanda fallou a favor de The Doors. A verdade é que ambas as dúas cancións teñen un riff moi semellante, mais aquí vos quedan os vídeos para que xulguedes por vós mesmos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: