Á venda as entradas para o concerto de JOHN CALE na Coruña

31 Dec

Para todos os que consideramos a The Velvet Underground coma o Big Bang do noso universo musical, ese grande peido celestial que expulsaría cara a historia as nosas filias, o quilómetro cero da nosa cosmogonía sonora, John Cale podería representar o papel de Caín, o fillo díscolo enfrontado e eternamente ligado ao seu irmán musical. Desa confrontación entre a heterodoxia vangardista de Cale e a ortodoxia rockeira de Reed escitilaron as muxicas que prenderían o lume dun novo xeito de comprender a música popular. Con The Velvet Underground a paranoia, a distorsión e as notas e os clústers sostidos ata rabuñar o desacougo acadaron a categoría de estándar do rock´n´roll; e o vampirismo urbán, o coiro, o sadomasoquismo ou a ambigüedade sexual engadíronse á súa estética.
Hoxe 31 de decembro saen á venda os billetes para o concerto que John Cale ofrecerá o vindeiro 24 de marzo no auditorio de Palexco (A Coruña). Os billetes custan entre 25 e 35 euros, e pódense mercar en  www.entradasnovagaliciabanco.es, ou vía telefónica no número 902434443.
Desde que en outubro de 2005 presentara o seu traballo Blackacetate (EMI), o xenio creativo do músico e productor galés, sempre a cabalo da vagarda e a experimentación, non voltou agasallarnos cun novo traballo de estudio. Compositor e sofisticado multiinstrumentista, Cale conta aos seus case 70 anos cunha longa carreira en soitario de máis de 30 traballos que iniciou logo de abandoar The Velvet Underground. Antes da fuxida a súa aportación co órgano, co baixo, coas voces e, sobre todo, coa viola eléctrica, sería o cincel que esculpiría as ásperas facianas de The Velvet Underground & Nico e White Light/White Heat, os dous primeiros e mellores traballos da banda novaiorquina.
Desde entón os seus discos oscilaron desde iluminacións neoclasicistas  e labaradas claramente rockeiras, alternando tamén directos memorabeis con vergoñentas actuacións crepusculares; veremos que nos ofrece na Coruña.
“Pretendo demostrar que podes gañar a vida na música e non morrer novo e toleado coma Mozart”, afirmou Cale no seu día. E abofé que o conseguiu.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: