REPÚBLICA BILLARDA

2 Xan

Son dous, Billarda e Palán, os compoñentes fundamentais do xogo da billarda. E son dous tamén, de novo Billarda e Palán, os discos que encontrarás en República Billarda, un proxecto autoxestionado que a LNB (Liga Nacional de Billarda) editou baixo o paraugas do seu propio selo, O Varal Records.
Os cartos acadados coa elaboración deste proxecto destinaranse á difusión deste xogo tradicional que paseniño vai acadando cada día máis adeptos no país.
Os discos de República Billarda intégranos perto de 30 grupos galegos que adican os seus temas a este deporte; e cada un faino no seu estilo: así o son do bater na madeira mestúrase con propostas que abanean desde o power-pop de The Homens ata o rock´n´roll dos Ruxe Ruxe, pasando pola electrónica de Projecto Trepia ou o pop intimista de Fanny + Alexander.
Completando o formato encontraredes tamén un libreto de 18 páxinas con fotografías de NachoK acompañadas polos textos dos poetas galegos Xabier Cordal, Sechu Sende, Mario Regueiro, Carlos Negro, Xavier Campos, Helena Villar, Matilde Castro, Arsenio Iglesias Pazos, María Lado e Aduardo Estévez.
Así que se queredes agasallar música galega nestas datas, aquí tedes unha boa proposta; e onde podemos atopar esta marabilla? Pois o CD véndese a 10 euros nos Abertos de todas as conferencias da LNB ou nos concertos das bandas Cuchufellos e Zënzar, ademáis dos seguintes puntos de venda fixos:

– Bar Nevada ( Ribadeo)
– Tenda de Ruth ( Ribadeo)
– Pastelería Obradoiro ( Ribadeo)
– Imprenta Viana ( Lourenzá )
– Bar a Taberna ( Cerceda)
– Bar A Lareira ( Cabanas )
– Libraría Pedreira ( Compostela)
– A taberna de Lola ( Remourelle)
– Bar Xeira ( Meira )

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: