VOLTAICA: concerto presentación de Errante

9 Xan

Para facermos unhas boas croquetas precisamos dúas cousas fundamentais: unha boa masa e un bo recheo; despois é importante que se den unha serie de circunstancias, como un correcto amasado do producto, darlle a forma adecuada as unidades croquetís ou unha adecuada temperatura no aceite á hora de fritilas. Mais sen unha boa masa e un bo recheo… pouco hai que facer!
No caso de Voltaica había unha boa masa; na lingua percíbense os sabores de especies clásicas como Black Sabbath, Led Zeppelin, ou Pink Floid, botadas ao caldeiro de xeito consciente ou deixándose levar pola sensualidade do intre creativo. Mais a receita vai alén da masa; un formidábel recheo noise de grande calidade (ben trituradiño, ben torado) dalle a contundencia precisa para elevar a proposta de Voltaica a algo máis  que un apañado entrante punk, e proferirlle o estatus de contundente prato principal.

Un recheo máis contemporáneo e fixado no punto de equilibrio preciso entre o delirio (o da distorsión da guitarra de Jose e dos sintetizadores de Iván) e a maior ortodoxia rítmica (a do baixo de Pavi e da batería de Vilas). E falta falar da voz de Sergio, ese aceite ben quente que lle dá ao conxunto a cor melódica precisa e que crea unha contundente codia que o fai máis atractivo á hora de achegalo ás nosas bocas.
E onde podemos facer gozar os nosos padais con Voltaica? Pois temos a oportunidade de facelo o vindeiro 20 de xaneiro (venres) en La Fábrica de Chocolate (Vigo), onde a banda do Val Miñor presentará o seu EP Errante.

Así que apunta a cita e acode con fame.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: