Adianto do novo traballo de THE ALLNIGHT WORKERS

11 Xan

Ainda que advertían no seu primeiro traballo discográfico que isto só pasaría unha vez, afortunadamente The Allnight Workers están a piques de presentar o seu novo LP. De feito xa podedes escoitar a través do bandcamp de Grabaciones de Impacto un dobre adianto deste segundo traballo: A Sunny Home of Love e You Can´t Make Me.
The Allnight Workers son un all-star de músicos coruñeses con membros procedentes das bandas The Loveless Cousins, The Phantom Keys, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e Trashtornados. O seu é o R&B, salvaxe e en pulir, o blues, o swing, o gospel… en resumo, toda a música negra que se facía nos Estados Unidos pola métade do século pasado.
O 2010 foi o ano de creación da banda. Con apenas uns meses de vida viaxan a Berlín para parir nos estudios Lightning Recorders o citado This Only Happens Once (Grabaciones de Impacto, 2010), para o cal contaron coa produción de Cherry Casino. Este primeiro traballo foi gravado tal e como se facía antigamente: nunha única sesión, con todos os músicos tocando á vez e sen que ningún tema se fose máis aló das tres tomas. Empregaron un gravador Telefunken de dúas pistas que facía a masterización en directo, imposibilitando postproducción algunha.
Como resultado obtiveron un son analóxico de grande pureza recollido en vinilo de 180 gramos e que foi posto á venda nunha edición deluxe de 300 copias numeradas á man, con póster interior e tarxeta de descarga en mp3. O deseño da portada correu a cargo de Lluis Fuzzhound, un ilustrador valenciano residente en Australia.
Compoñían This Only Happens Once, ademais dos temas propios, versións de clásicos como Hello Josephine de Fats Domino ou Night Time is the Right Time de Ray Charles.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: