Un concerto para esta fin de semana: Brainstorming

13 Xan

Ben, xa é venres. Como podedes observar na listaxe de concertos de xaneiro (enriba á dereita) son moitas e moi variadas as ofertas musicais desta fin de semana, así que non procuredes escusa no frío ou nas anunciadas chuvias para ficar na casa a hibernar como marmotas.
Hoxe querémonos facer eco do directo que a banda Brainstorming dará mañá sábado 14 de xaneiro no Joana´s Place (r/Pondal, zona de Riazor, A Coruña) a partir das 23:00 horas.
Brainstorming é unha banda de Pontedeume formada por Alberto (guitarra e teclado), Edu (batería), Chovio (baixo), Guti (guitarra) e Fran (voz), e que ten a súa xénese no ano 2002, aínda que foi bautizada co seu nome definitivo no 2005. Ao longo desta década experimentaron unha evolución radical no seu son, e a formación experimentou diferentes cambios até chegar ao que mañá poderedes gozar os que vos acheguedes até o concerto.
Sería unha irresponsabilidade por parte de quen escrebe procurar similitudes ou influencias nun grupo con case dez anos de bagaxe nas súas costas, anos que aproveitaron para matizar o seu son e colocarse nun sitio onde poidesen estar cómodas as 5 sensibilidades musicais que compoñen o proxecto; mais por situar nun determinado e identificábel plano a todos aqueles que precisedes sentir un chan máis ou menos firme baixo os vosos zapatos, dicirvos que se gustades de, por exemplo, Radiohead (máis nas súa orixe), Muse, Placebo ou Manic Street Preachers é probábel que gocedes abondosamente do seu directo.
E se non vos fiades do aquí escrito (e faríades ben) podedes escoitalos directamente no seu myspace:
http://www.myspace.com/brainstormingspace

Advertisements

2 Respostas to “Un concerto para esta fin de semana: Brainstorming”

  1. Fran 13 Xaneiro 2012 ás 17:29 #

    Ben, o concerto dará comezo ás 23 h, para os máis madrugadores.

    Braingstorming

  2. Malas Músicas 13 Xaneiro 2012 ás 17:48 #

    Corriximos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: