BANGOR: lembrarás este cuarto?

17 Xan

Durante o parón de actividade que padeceu o Malas Músicas, adquirimos algunhas débedas. E como din que de ben nacidos e ser agradecidos, é de xustiza  que ainda que sexa medio ano despois lles demos as grazas a Bangor polos bos intres que nos fixeron pasar co seu traballo Lembrarás Este Cuarto? o ano pasado.
Bangor é o nome dunha vila galesa. Na súa universidade coincidiron María do Cebreiro (poetisa e ensaísta) e David Miranda, membro dos Nouvelle Cuisine.
Naceu o proxecto cunha formulación sinxela: David achegaría voz e guitarra e María voz e textos; mais esta aparente sinxeleza pecha no seu interior unha alta cota de reviravoltas conceptuais e berros desesperados ao oído, en voz baixa.

Podemos ler o labios
Abonda con falar en voz moi baixa
Sen articulacións, como se un de nós
Estivese suspendido no aire
Sen fío algún
E o outro
estivese na auga

Lembrarás este cuarto? é unha aposta pola pausa, pola exortización dos nosos demos afastada de liturxias escuras murmuradas entre o cargado arrecendo do incienso. Todo o contrario, é unha invitación a abrir a xanela e deixar que o aire frío da mañá nos aloumiñe a pel, nos espabile coa súa lene labazada mentres estarricamos os nosos entumecidos membros. Non valen escusas, non valen “non queros”.
E todo isto adobiado cun disfraz de pop doce, amábel, que crea o invernadoiro perfecto onde a xenialidade dos textos de María do Cebreiro agroma con forza desde o sólido talo de dúas voces que queren amarse, mais que as veces fallan no xeito de expresar ese amor.
Lembrarás este cuarto? gravouse nos Estudios Abrigueiro de Friol en decembro de 2008, producido por Arturo Vaquero e con Jahel Piñeiro como técnico de son. A mestura e masterización realizouse nos Estudios Treboada da Coruña xa no 2010. O deseño gráfico correu a cargo de Pablo Cayuela e Xosé Carlos Hidalgo.

O que máis nos presta: Eu Nunca, Os Pinos, Así o Farei
Semellanzas: Fanny + Alexander, Belle and Sebastian…
Podes escoitalo en A Regueifa Plataforma

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: