TRIBES: baby

18 Xan

Cheguei ata Tribes seducido polos cantos de serea que os coroaban coma os novos Pixies, ademais de como a grande esperanza branca dunha escena británica en progresiva decadencia desde hai uns cantos anos. O propio cantante da banda, Johnny Lloyd (ex-Operahouse), sinalaba ao cuarteto bostoniano como un dos seus referentes ou influencias. Mesmo Frank Black invitounos a telonealos nos seu último directo en Londres. Pois ben, dicir que, agás a introducción das guitarras nun par de cancións, non atopei ningunha semellanza. Mais iso non supuxo, nin moito menos, unha decepción.
Tras un par de gorentosos EP´s esta semana poiden gozar de Baby, primeiro LP deste tamén cuarteto formado en Camdem no ano 2010.
Para ser xustos hai que informar que en Baby non atopamos nada novo, só unha manchea de retais pop-rock frescos e moi ben definidos, na liña duns rexuvenecidos Manic Street Preachers ou dos irlandeses The Frank and Walters.
Mais non se tome iso coma unha mácula duns moi ben traballados temas. Os rapaces teñen as cousas moi claras: non están aquí para descubrir a pólvora, senón para argallar con este po negro uns fogos de artificio dabondo atrativos para un público máis convecional (que é un xeito de velo) ou menos snob (que sería outro), engadíndolle á liturxia do rock inmediato que profesan un certo grao de pomposidade e exuberancia.
Os paus para Baby irían máis no sentido da irregularidade da proposta e do seu (ás veces) monocromático aspecto, tendo a sensación de que hai cortes que sobran, sobre todo se os comparamos con outros (auténticas xoias) presentes no disco, como Whenever ou We Were Childrem.

Nota: 7/10
O que máis nos presta: Whenever, We Were Childrem, Sappho.
Semellanzas: Manic Street Preachers, The Frank and Walters, Suede…
Podes escoitalo en Spotify

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: