PORCELAIN RAFT: strange weekend

30 Xan

Porcelain Raft é o alter ego do italiano Mauro Remeddi, o garabato co que asina o seu primeiro traballo, un dos discos que máis expectación tiña creado a raíz dos adiantos publicados a través de facebook, e do que xa falaramos aquí no artigo que adicamos aos discos foráneos máis agardados deste 2012. Ten este seu debut no LP, Strange Weekend, reminiscencias doutras fogos de artificio dream pop que hai ben pouco estouparon para tinguir de mil cores a negra noite do indie, sen ir máis lonxe os M83 que tanto deron que falar o pasado ano. Non hai tampouco moito que no Malas Músicas falamos de Youth Lagoon, outro persoeiro que quixo meter o seu ainda adolescente pé nesta porta. Porcelain Raft podería tamén emparentarse con el, ainda que carece dese verniz de inocencia lo-fi baixo o que se amosa o norteamericano.
Atopamos dentro de Strange Weekend algún intre moi notorio; porén adiviñamos tamén demasiado recheo, acontecéndolle o peor que lle pode pasar a un Long Play, que a palabra Long gañe demasiado protagonismo. De todos os xeitos e xusto admitir que Strange Weekend gaña coas escoitas, superando pouco a pouco a indiferencia inicial que causan os aparentemente monocromáticos cortes.
Mais debullemos a mazaroca:
Comeza esta estrana fin de semana con Drifting In and Out, que poderiamos tomar como un adianto dos parámetros que manexará o disco, mais desde unha óptica máis pop ca o resto dos temas. O anzol perfecto.
Shapeless&Gone é unha canción atractiva, das mellores do LP (que como despois comentai se concentran no seu inicio), cunha acomodación vocal que evoca lixeiramente a elegancia de Brett Anderson e uns ritmos máis bailabeis do que será habitual no conxunto.
Pegamos agora un bo mergullo en augas máis profundas con Is It Too Deep for You?. Sinxela e aterradora, como sumerxirte varios quilómetros no ventre do océano.
Ten Put Me Too Sleep un aire sinxelo. Entra a través dos oidos directamente até o cerebro, e alí formúlanos a seguinte pregunta: onde escoitei eu esto antes? Talvez lémbrame a algunha paranoia post-punk tipo New Order, mais non consigo premer a tecla exacta.
Blackwords é un alambique de tristura, onde ferve o sobrante e destila o preciso, a melancolía. Denota xa un baixón no nervo creativo inicial, mais ainda resiste o esforzo, que desaparecerá tras o derradeiro canto do cisne que supón Unless Your Speak from Your Heart, un delicioso posíbel sinxelo que nos gaña a base duns ritmos repetitivos marca da casa e un poderoso retrouso. A partir de aquí a cousa xa non volta ser o mesmo, coma se na fin de semana de Porcelain Raft rematase o pletórico sábado e comezase un longo de máis domingo de resaca.
The End of Silence aposta de novo inicialmente pola sinxeleza, para ir complicándose aos poucos nun caleidoscopio de suaves tonos. Os xogos coa voz e as aparicións da guitarra sobre o bucle percutido fixan un correcto conxunto.
O citado bucle faise en If You Have A Wish máis atrapallado, menos limpo, polo que a peza gaña  en número de aristas, porén está demasiado recargada de efectos, que acaban aburrindo malia súa brevidade.
Picture é unha pintura costumbrista, cunha letra parva e unha guitarra que entra coma raio matutino a través da xanela. O resultado e cotián, previsíbel e os coros en falsetto estorban máis que aportan. Das máis frouxas do traballo.
E fecha esta estrana fin de semana The Way In, unha insustancial balada a medio camiño entre Moby e Ricchi e Poveri. Intrascendente, si, mais se cabe adecuada para deitarse un domingo pola noite despois dunha longa singladura, xa resgardados na quente Itaca, o noso locus amoenus de confortábel cotidianeidade.
E cando desexemos podemos voltar a premer o play; porque iso é sen dúbida o mellor que ten este traballo, ao que cada vez que lle pasas o ferro lle descobres unha nova engurra, unha nova dobra do tamaño dun val onde evadirse. Magoa de tanto cemento, magoa de tanta masa.

Nota: 6,75/10
O que máis nos presta: Drifting In and Out, Shapeless&Gone, Unless Your Speak from Your Heart.
Semellanzas: M83, Youth Lagoon…
Podes escoitalo en Spotify

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: