TELEPHONES ROUGES: max split

31 Xan

Agardando como estamos polo prato forte, ese longa duración dos Telephones Rouges que prevemos nos sirvan ao longo deste 2012 da man de Mama Vynila Records, imos entretendo as orellas con Max Split, un agradábel petisco saido da cociña o pasado xoves 26 de xaneiro.
Telephones Rouges comparten protagonismo neste aperitivo de 7 pulgadas cos barceloneses Piñata, outra das bandas de referencia de Mama Vynila Records.
Guten Krankenheit e Ei Meu son as dúas achegas dos grovenses a este proxecto, que supón o seu cuarto traballo. Estes dous temas foron gravados e producidos polos propios Telephones Rouges e Iñaki Bea no estudio Círculo Polar de O Grove.
A masterización realizouna Victor García nos Estudios Ultramarinos Costa Brava en Sant Feliu de Guíxols (Girona).
Telephones Rouges musculan aquí o seu talento ergundo melodías sucias e cincentas, mesturando unha escura enerxía post-punkiana cunha apetecíbel sensibilidade noise. Gute Krankenheit é o mellor exemplo diso, un tema escuro con parte da letra en alemán (algo que dá máis pistas do que semella en referencia á súa proposta sonora) e que raña directamente na raíz do desacougo até inflamala a base de distorsións e ritmos esquizoides.
Ei Meu presenta unha maior luminosidade e desapego da caverna, mais sen deixar nunca de ollar de esguello á porta da cova, ese burato que se ten un nome é ruído, e bendito ruído!
Pódese descargar de balde Max Split a través da bandcamp de Telephones Rouges premendo na seguinte ligazón:  http://telephonesrouges.bandcamp.com/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: