THE MACCABEES: given to the wild

1 Feb

Sempre se dixo, e é grande verdade, que os bos guisos deben cociñarse co lume baixo; e ese semella ser a elección de The Maccabees á hora de preparar unha carreira musical cada vez máis gorentosa, mais sempre a fuxir das violentas fervuras que talvez poidesen xerar un meirande ruído mediático, mais que baleirarían de sustancia a proposta e estragarían o seu sabor. Así, burbullando devagar, vannos deixando en cada novo traballo novos arrecendos e sabores cada vez máis maduros e persoais, fuxindo dese xeito das solucións fast-food de bandas coma Coldplay.
Given To The Wild é o terceiro traballo da banda de Brighton despois de Colour In It (2006) e Wall of Arms (2009), e nel ofrécennos unha proposta máis multinstrumental ca nos anteriores, introducindo nos temas pianos (Ayla) ou metais (Child); desvelando dese xeito a man de Tim Goldworthy na produción do traballo.
Porén non abandonan o estilo que os fai recoñecíbeis ao grande público, un estilo no que destaca a sinuosa presenza da voz de Orlando Weeks, adoito flanqueada por coros de tradición gospeliana, xa anunciados no que foi o seu sinxelo de avance Pelican.
Given To The Wild comeza cunha intro instrumental (moi rollo Sigur Ros) e  vai a modiño collendo temperatura, reservando sabiamente os seus mellores intres cara o final; mais é este un traballo cun crecemento bastante armónico, que só se ve distorsionado con algún picos positivos, coma as brillantes Ayla e Pelican ou a elegante Feel To Follow, e tamén algúns negativos, coma as prescindíbeis Glimmer ou Slowly One.
E se xogamos ao xogo das semellanzas (algo que tanto nos gusta facer, ainda que case sempre metamos os pés na lama), sinalarei a xeito de anécdota que en Forever I´ve Know o ballón de guitarras lémbrame aos Editors, mentres que o conxunto ben podería estar integrado no Narrow Stairs dos Death Cab For Cutie; e tamén que Went Away os emparenta lixeiramente con Coldplay, talvez só debido ás coincidencias vocais de Weeks e Martin.
Mais fóra de xogos parvos, quero insistir en que The Maccabees evolucionan chanzo a chanzo en cada novo traballo, sen perder nunca a fidelidade ao son que fixo que naquel xa afastado 2007 os focos se centrasen nuns rapazolos imberbes de Brihgton que taloneaban aos Bloc Party polos Estados Unidos adiante.

Nota: 7/10
O que máis me presta: Ayla, Pelican, Feel To Follow
Semellanzas: Elbow, Death Cab For Cutie.
Podes escoitalo en Spotify

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: