QUANT: handmade, homemade

7 Feb

Un zoupón coma min non pode sentir outra cousa que envexa cara a xente mañosa. E non envexa desa que lle din san e que non existe, que va! Envexa doente. Porén iso non é incompatíbel coa admiración; así que cando alguén contrúe coas súas propias mans algo tan fermoso coma este Handmade, Homemade non podo máis que quitar o chapeu.
E por que? pois porque escoitar a Quant é un billete de bus cara o soho dos anos 60, un chimpo até o corazón cosmogónico do pop nunha alucinante viaxe psicodélica confeccionada coa perfección dun sastre de Savile Row.
Handmade, Homemade (Quequeres Edicións / Rock Indiana) é o segundo LP do proxecto musical de Óscar Quant e veu a luz o pasado novembro do 2011.
Este traballo presenta unha intensidade con forma de catenaria, concentrando ao seu comezo e ao final os mellores temas. Así Revolution Starts Today é quen abre as contras de par en par para darlle paso á xoguetona While You Were Sleeping By My Side, onde os coros e as brincadeiras vocais son patrón. Groundhog Day sinala o comezo do descenso a un val caracterizado por unha proposta demasiado encorsetada e cinguida ao molde, cunhas estructuras que para algúns se repiten en demasía e para outros nunca son dabondo. Half remenbered Fairytales, na que cantan The Happy Losers, é un bo exemplo desa dicotomía. Noam Chomsky Said é o frenético instrumental co que comezamos a elevarnos de novo, talvez grazas ao seu desquiciado hammond, ascenso completado por unha versión do Winterlong do mestre Neil Young que saudamos emocionados; lembrar que non fai moito que lle demos a este tema a medalla de ouro no ranking de cancións de temática invernal aquí no Malas Músicas. Tambén meritoria é We All Need Time, mais sen dúbida para nós a auténtica xoia está gardada ao fondo do caixón: Magic Tricks é un tema enorme na súa pequenez, con escasos mais precisos adobíos guitarrísticos.
Non me doe dicir que sinto envexa e devoción a partes iguais ante manufacturas coma esta, na que Quant volta de novo a empoleirarse á altura dos grandes artesáns do pop. Maldito!

Nota: 7 /10
O que máis nos presta: While You Were Sleeping By My Side, Groundhog Day, Magic Tricks.
Semellanzas: Teenage Fanclub, Matthew Sweet, Gigolo Aunts…
Podes escoitalo en bandcamp

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: