NADA SURF: the stars are indifferent to astronomy

13 Feb

Se gustas de Nada Surf, sempre resulta agradábel ter a súa música coma B.S.O. do teu fogar, xa que non exixe ningún estado de ánimo especial para gozar dunhas melodías que se moven na equidistancia entre a alegría, a melancolía, a enerxía ou o desánimo, nunha especie de centro xeográfico de emocións.

Os novaiorquinos levaban desde aquel xa afastado Lucky de 2008 sen presentar novas cancións. Os máis fanáticos da banda poideran consolar o seu mono co disco de versións que sacaron en 2010 co nome de If I Had A Hi-Fi. Mais non semella abondo e agora, a comezos do 2012, ven de aparecer o que é o seu séptimo LP, The Stars Are Indifferent To Astronomy.

Para todos aqueles que nun intre da nosa vida poidemos gozar do bo facer dos Nada Surf sobre un escenario (e oportunidades non faltaron) sabemos que este é o medio onde mellor transmiten a enerxía que encerrán as súas cancións. Eles tamén son conscientes desa circunstancia, e ese foi a ruta que tentaron seguir na gravación deste último traballo, impregnando cada un dos seus cortes coa frescura que destilan no directo. Para iso fecháronse nun estudio de Brooklyn, perto das súas residencias, co productor Chris Shaw (Wilco, entre outros) co obxectivo de capturar a inmediatez do seu son e adobiala cos mínimos artificios.

O resultado, ainda que máis básico e espido, non está moi afastado da súa proposta tradicional, baseada na hábil combinación de pílulas power-pop (Clear Eye Clouded Mind) e melindrosos medios tempos (Let The Fight Do The Fighting) que cristaliza nun LP de só 38 minutos (máis que dabondo) aparecido por estes lares o 24 de xaneiro baixo o paraugas do selo galego Ernie Records.

The Stars Are Indifferent To Astronomy é un exemplo máis do xeito de remendar esas dúas vertentes, a guitarreira e a melódica, tan intimamente asociada ao estilo de Nada Surf. O sinxelo Waiting For Something, ou Looking Through e The Moon Is Calling son expresións desa faciana máis macarra, sempre tapizada pola suave voz de Matthew Caws. No outro lado destacan When I Was Young ou Jules And Jim, que fan de contrapeso ideal e de válvula de escape cando a pota se carga de demasiada presión guitarreira, a fin tamén de contentar os seareiros que se subiron ao carro tras as notas de, por exemplo, Always Love.

Vinte anos levan os Nada Surf adicándose a esto da música, dúas décadas na que xamais perderon o seu músculo enriba dun escenario nin a súa creatividade no interior dun estudio, e ainda que o que agora nos ofrecen non sexa unha obra mestra, si é un traballo do máis digno e aprobeitábel, ideal para o fondo musical de calquera situación vital.

 

Nota: 6,75/10

O que máis nos presta: Waiting For Something, When I Was Young, The Moon Is Calling

Semellanzas: The Long Winters, Teenage Fanclub.

Podes escoitalo en Spotify

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: