THE BROSAS: the brosas

20 Feb

Burela espétase no Cantábrico coma unha machada nunha torada ou, como lle din na Mariña, coma unha brosa. Os burelenses levan xeracións baténdose indiscriminadamente co mar, e semella que esta liorta de namorados non se decidirá tampouco nos vindeiros séculos.

Tanta bravura herdada tiña que cristalizar dun xeito ou outro, e no caso que hoxe nos ocupa isto aconteceu en 2009, cando catro rapaces decidiron artellar un comando sonoro de demolición ao que baulizaron como The Brosas, que tras o habitual período inicial de altas e baixas ficou conformado deste xeito: Bernardo (guitarra e voz), Lorenzo (baixo), Rubén (guitarra) e Gara (batería).

Non hai moito veñen de presentar o seu primeiro e homónimo traballo, gravado nos estudios Bonham da Coruña; unha arroutada guitarreira en sete capítulos que homenaxea con argumentos propios a voz güisqueira de Lemmy Kilmister e malfadados riffs daqueles AC/DC dos 70.

Nunha mestura alquímica de velocidade bocalán e carraxe vital, o vento destila polos cabos das guitarras até os amplis, onde muta nunha enorme man que te agarra e non te ceiba até facer de ti un monicreque. A fórmula non é nova, mais hoxe non imos definila cunha manchea de manidos epítetos (que se punk, que se metal, que se hard-rock, que se pílulas ). O resultado está aí para escoitar; iso si, se non adoitas porte repugnante coas vellas estructuras do rock de hai dúas ou tres décadas. Aquí só atoparás forza , sinceridade e respecto polos antergos, as tres cousas precisas para sair a loitar co mar.

O que máis nos presta: Demagoxia, Rhett Butler…

Semellanzas: Motorhead, AC/DC…

Podes escoitalo en komunikando.net

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: