LOBISHOME: los seres extraños que habitan tu mente

5 Mar

Non sei se é pola ancestral chuvia (cada vez máis escasa), ou polo vento que perenne nos zoa nos oídos, ou por xantar bechos feísimos que sacamos do mar, ou polo secular illamento xeográfico… mais o certo é que por aquí (enriba á esquerda) sómosche raros; raros de carallo!

Poderiamos perder unha morea de tempo a falar sobre os síntomas que manifestan esta irrefutábel afirmación, mais para profundizar nese tipo de disertacións teño unha ferramenta específica que vos invito a visitar: cansverdesnagallaecia.blogspot.com

Quero, iso si, centrarme hoxe nun síntoma desa rareza case imperceptíbel ao grande público, un que se cingue ao eido musical: a eclosión dunha manchea de bandas crampefílicas, que inzan coma un exército de labazas o até o sempre imprevisíbel chan musical patrio.

Fai anos, acho que falando dos Franc3s, recibín algún que outro pau por empregar a palabra “bizarro” para definir eses crepusculares ecos galaicos do derradeiro berro de Curtis denantes de pendurarse polo pescozo, acusándome de recaer en manidos calificativos que xa pouco significaban. Mea Culpa. Porén, é curioso que logo se fose tecendo devagar ese movemento informe que se deu en chamar Galician Bizarre. Mais eses son outros contos.

Hoxe o asunto que nos ocupa é a celebración do nacemento do primeiro traballo de Lobishome, un trío situado no baricentro sonoro dun triángulo formado polo garage, o punk e o surf, resultando ese territorio sempre apetecíbel.

Este neonato, bautizado co nome de Los Seres Extraños que Habitan tu Mente, foi xerado en decembro de 2011 no estudio Círculo Polar de O Grove, por Iñaki Bea, Matías Unruh (dos Telephones Rouges) e os propios Lobishome. O fabuloso e á vez monstruoso deseño do álbum é obra de Prenom, a produtora cooperativa creada por Mar Catarina e Rubén Domínguez. Compoñen este traballo de debut nove temas rápidos, de urxencia underground e latexo psicobilly, con referencias tan de sumidoiro como as do frikie dos 90 Carlos Jesús en 13 Millones de Naves Vendrán (Triple R) ou Hannibal o Caníbal en Lecter. O telelixo, a Igrexa, ou dous fenómenos musicais como John Balan e Curro Savoy son tamén protagonistas doutros dos saloucos graxentos que compoñen o traballo, a banda sonora perfecta para noites de billar en escuros sotos de cidades apocalípticas.

Mais detrás dese pano de fondo urbano medran bosques cada vez máis salvaxes, menos coidados, cheos de silvas, toxo e maleza. As súas corredoiras están cada día menos transitadas, e os lobishomes están na obriga de achegarse aos modernos núcleos poboacionais para que os seus oubeos poidan seren gozados e temidos, incorporándose así a esa marea crampelífica que pouco a pouco nos asulaga. E nós tan contentos, que xa dixen que somos raros!

O que máis nos presta: Moscas, Tambo Mutante, Turbinas…

Semellanzas: Telephone Rouges, Metralletas Lecheras, The Cramps…

Podes escoitalo en bandcamp

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: