ELS AMICS DE LES ARTS: espècies per catalogar

12 Abr

De Els Amics de les Arts só escoitara algunha canción perdida do seu anterior traballo, Bed & Breakfast, disco que foi un auténtico terremoto no seu país, mais ao contrario doutras bandas de similares características (vaia voltas que teño que dar para non nomear a Manel no primeiro párrafo), as ondas dese seísmo non se espallaron con igual intensidade fóra das fronteiras catalás. O cuarteto barcelonés crebou o silencio que sostiña desde o 2009 coa presentación dos doce temas de Espècies per Catalogar, que na primeira semana desde a súa saída colocouse no número un das descargas de Itunes en todo o estado español.

Na primeira escoita do xa cuarto traballo dos barceloneses percibín que estaba ante outro novo capítulo dese naif-pop-folc catalá con tanta presencia nestes últimos tempos nos medios musicais e mesmo na radio-formula estatal, cun toque de evocación, un chisco de retranca, un raio de luz mediterránea e un moito de snobismo barcelonés. Mais todos sabemos que as primeiras escoitas son traizoeiras, así que emprendín un segundo pase do disco. E agora e cando pensaredes que descubrín os recantos ocultos no traballo, as intelixentes dobras que tornan a proposta en algo diferente. Pois non, é exactamente eso: outro exercicio de vouyerismo vital, de paisaxismo urbán, de hedonismo cultureta. Unha receita baseada en traballadas letras costumistas e melodías sinxelas trobadas cunha intrumentación minimalista, aínda que adobiada ás veces con acordeóns, violíns, voces femininas e mesmo algunha incorporación da electrónica, como en El Matrimoni Arnolfini. Un novo capítulo, como dixen antes, mais un capítulo de recheo, de insignificante transición até que por fin comece a acción.

Cómpre dicir, para non afundirse na hipocresía, que adoro todo iso que acabo de describir. Non hai mellor banda sonora (ou pode que si, mais gusto da hipérbole) para un solleiro sábado de comenzos de abril mentres fas unha tortilla de pataca. Tranquilízanme esas voces lenes que nunca trocan de ton, aloumiñadas de cando en vez por melindrosos coros; e as guitarras etéreas e as orquestacións de cordas e ventos que pintan un luminoso cadro ao pastel onde a un lle prestaría vivir, aínda que sexa por un breve intre.

Nota: 6,5/10

O que máis nos presta: L’home Que Dobla en Bruce Willis, Monsieur Cousteau,  L’arquitecte…

Semellanzas: mmm… Manel?

Podes escoitalo en Spotify

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: