MACK PARAMO: electric hair

22 Mai

Benvidos a Malas Cociñas. Hoxe imos preparar un prato en apariencia sinxelo, mais coas súas complicacións que iremos comentando máis adiante. Hai un informe movemento no que orbitan algúns dos mellores chefs actuais que apostan decididamente pola reformulación dalgunhas receitas clásicas aplicándolles un verniz de contemporaneidade. A receita que hoxe nos ocupa podería situarse nesa dirección: Trátase da última creación dun dos chefs sonoros máis prolíficos do panorama musical galego: Martín González aka Mack Paramo. O que outrora fora vocalista e guitarra de Zoophilia e actual membro de Los Thyssen leva xa sacado xa 3 gorentosos pratos no que vai de 2012: Sounds Of… (febreiro), Lover Dude (xaneiro) e a súa nova proposta, da que hoxe falamos, Electric Hair (maio)

 Electric Hair

  • Para: 4 persoas
  •  Dificultade: depende da experiencia do chef. Non tentes facelo na casa se non tes xa algún pelo no peito (aínda que sexas muller)
  • Tempo: 15:46 aprox.
  • INGREDIENTES: – 1 Martín González – Muller que canta en Rainy Day – Alguén que toca os bongos en Cabeza de Caballo – 400 gramos de blues – 30 gramos de distorsión – 30 gramos de liserxia garaxeira e psicodelia
  • ELABORACIÓN:
    Deixamos a Mack Paramo fechado na súa casa, cocemos a lume lento e agardamos a que se faga ben. Aos poucos ir esparexendo por riba o blues moi devagar para que non se formen grumos. Cada dous minutos aproximadamente engadir unhas pingas de distorsión e liserxia. Meter no pote á muller e ao dos bongos só cando sexa preciso.
  • PRESENTACIÓN:
    Servimos a xeito de foto de busto sobre fondo branco sobre textura dixital. Ver en http://mackparamo.bandcamp.com/album/electric-hair

Agardamos que gustedes da receita!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: