UNICORNIBOT: dalle!

12 Xuñ

Dentro do baúl das contas pendentes atopamos Dalle!, segundo traballo dos pontevedreses Unicornibot, saído á venda o xa remoto 1 de marzo.

Dalle! gravouse en directo e dun tirón, tentando atrapar o espírito dos seus frenéticos concertos, no estudio Brazil (Madrid) baixo a supervisión de Javier Ortiz, para ser despois masterizado por JJ Golden en Ventura (República de California).

A xestación do segundo fillo dos Unicornibot é producto dunha exaculación precoz, tanto no eido compositivo como no da gravación; mais é que a crecente tripulación do navío que capitanean non estaban para demasiadas filigranas amatorias. Querían un segundo descendente a quen poder adorar e que acompañase ao seu primoxénito, Hare Krishna (autoeditado, 2010); e aquí o teñen.

Ademais de podermos facer unha primerira escoita na súa bandcamp, Dalle! pódese mercar tanto na súa versión dixital como na elegante edición en vinilo serigrafiada, para a que contaron coa colaboración dos selos Matapadret, Radix Records, Bloody Dirty Sanchez Productions, Chingaste la Confianza e Odio Sonoro. O deseño corre a cargo de Xosé Lois García.

Esa nave de goberno tetrapartito navega ao pairo por estraños océanos instrumentais, ás veces inhóspitos baixo treboadas eléctricas de saraiba e distorsión industrial, e outras mergullada nunha calma quente e densa que se pega deliciosamente á pel. Dalle! é una singradura que parte de Lendakari e remata en Todos contra el Fuego Anal,  con dez escalas que che curten a pel e  che adaptan o tímpano a este tipo de navegación math rock, que talvez poderiamos calificar como marsvoltiana, á que non estamos afeitos nestes portos onde todo o que supoña sair dos límites das nosas retardadas rías sonoras semella un suicidio.

Mais os Unicornibot teñen un segredo, o amparo da Santísima Virxe dos Cornos de Aluminio. Así non hai medo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: