DIRTY SOCKS: abandoned warehouse

26 Xuñ

Os composteláns Dirty Socks dominan con mestría a dualidade espazo-tempo; só así se explica que, por unha parte, tivesen vivido tanto musicalmente en tan pouco tempo; e, por outra, que o seu novo paso adiante supoña básicamente un paso atrás dentro da cronoloxía da música popular contemporánea. Mais imos por partes, que diría o vello ciruxán de Whitechapel.

Malia a contaren tan só con 5 anos de vida o cuarteto composto por Anxo Rodríguez, Denis Suárez, Francisco Varela e Alberto Barreiros xa botou escamas no pelexo, curtíndose en bolos a carón de mitos vivintes como The Sonics, actuais aristócratas indies como These New Puritans ou fenómenos de masas como Placebo.

Xa nos seus primeiros anos de andaina resultaron gañadores dos certames Musicaxove no 2009 e o Levi’s Unfamous Music Awards no 2010; foi precismente no 2010 cando agasallaron a súa cada vez meirande grei de supporters co seu primeiro EP, ao que bautizaron co nome do pai: Dirty Socks.

Pois ben, dous productivos e intensos anos despois podemos xa gozar desde o pasado maio de catro novos temas presentados ao mundo baixo o título xenérico de Abandoned Warehouse (Vir, 2012) onde, nun novo exercicio de funambulismo temporal, retroceden até os tempos da psicodelia dos anos 60, sen deixar de adobiar ese chimpo con cachos rabuñados da súa matriz post-punk e coloristas fitas de experimentación sonora.

Máis estes rapaces, aínda que novos, non son parvos, polo que coñecen de sobra a importancia dun bo mecánico que prepare, manteña e repare se for preciso o seu vehículo temporal; esa necesidade levounos até o concello de Friol, onde Arturo Vaquero puliu con mim cada arista da máquina dentro do hangar dos Abrigueiro Estudios.

Esta viraxe sonora agradécese, por valente e polo que significa en canto á madurez da proposta. Mais tamén se agradece que cada vez que emprendan unha viaxe no tempo continúen a levar unha foto-carnet do vello Curtis gardada na carteira.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: