DOUTOR APERTAS: tributo a magín blanco

5 Xul

Trovador era como lle chamaban aos cantautores na Idade Media. Etimoloxicamente falando o máis que probábel orixe da palabra “trovar” é a de “inventar ou crear literariamente”. Os trovadores percorrían as vilas e aledaban ás xentes relatando musicalmente historias cotiás, de amor, de tristura ou mesmo épicas. A laboura principal dun trovador era entreter e facer feliz á xente; sen dúbida unha laboura de ouro, nunca suficientemente pagada nin recoñecida. Por iso, sen dúbida, son dignos de homenaxe. Así o entenderon tamén os compañeiros de profesión de Magín Blanco, e foi por iso que naceu este Doutor Apertas.

Magín Blanco é unha figura fundamental para entender a escena musical galega das últimas décadas, aínda que sempre se mantivera fóra do remuíño do mainstream. Desde a súa localidade natal da Rúa comezou durante os 70 a dar guerra en formacións como Purita, Alcatre ou Voyeur. Porén foi en La Rosa, a súa banda dos 80, onde publicou catro discos imprescindíbeis nas máis selectas discotecas galegas, catro discos que foron fonte de inspiración para moitos músicos contemporáneos. Desde que finalizou a súa andaina con La Rosa houbo que agardar unha década para gozar de novas cancións, esta vez xa publicadas co seu formato de solista e co verniz de madurez que da a experiencia e o paso dos anos. No verán do 2011 un accidente prívao da posibilidade de seguir a tocar a guitarra. Foi a partir de entón cando un grupo de xente considerou precisa a necesidade de homenaxear a súa carreira e lembrar o seu traballo. Axiña cristalizou nunha pléiade de máis de 30 músicos dispostos a versionar os seus temas, para máis tarde recollelos nun doble CD.

Participan neste proxecto nomes tan recoñecidos e de orixes tan dispares como Ugia Pedreira, Guadi Galego, Uxía, Emilio Rúa, Manu Clavijo, Xoel López, Quant, Eladio & Los Seres Queridos, Magritte e un longo etcétera. Se hei de destacar algún deses nomes fareino por proximidade, tanto a proximidade afectiva coa que suliño a presencia da grande Silvia Penide, como xeográfica, plasmada nos nomes de Faltriqueira e Roger de Flor e os Silvestres.

Podedes escoitar algunha das cancións recollidas neste tributo na bandcamp de Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco o na páxina de crowdfunding Verkami, a través da cal se financiou o proxecto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: