Arquivo | videos RSS feed for this section

THE XX agasallan o tema inédito Open Eyes

27 Dec

 

Somos moitos os que agardamos un novo traballo dos londinenses The XX desde que aquel afastado 17 de agosto de 2009 nos zouparan con toda a man aberta co seu primeiro e homónimo traballo. Este novo álbum, que verá a luz ao longo deste 2012, semella ir aos poucos collendo forma, e para demostralo quixeron agasallarnos este nadal coa demo dun tema inédito, Open Eyes. Iso si, tampouco é seguro que este remate habitando no disco novo.

Que podemos deducir ao escoitalo? Pois de primeiras que continúan sen desviarse do carreiro creativo e sonoro que emprenderan no seu debut. Atopamos unha producción sen demasiados adobíos nin artificios, que pode ser consciente por parte da banda ou consecuencia da súa propia condición maqueteira.

En resumo, que polo da agora podemos sacar poucas conclusións. Iso si, aquí vos queda o vídeo para que saquedes as vosas.

Chega o inverno!

22 Dec

O outono quixo rematar ás bravas, con frío, temporais, vento, ondas xigantes e demáis parafernalia; ese foi o seu xeito de deixar o telón ben alto para o inverno que agora comeza. Mais non caiamos no ancestral desacougo mamífero e nos pechemos nos nosos agochos a hibernar como se fósemos unhas tristes marmotiñas! Como en decembro tamén son datas, entre outras parafernalias, de facermos listas recopilatorias de todo, quero aproveitar a conxuntura para facer eu tamén a lista coas miñas cancións preferidas que no seu título fan referencia directa a esta xélida estación; lista  totalmente subxectiva á que se poderían facer moitas alegacións e propostas. Sería a seguinte:

  1. Neil Young: Winterlong (1977)
  2. The Cure: Winter (1979)
  3. The Doors: Wintertime Love (1968)
  4. Bob Dylan: Winterlude (1968)
  5. The Rolling Stones: Winter (1973)
  6. The Caesars: The Winter Song (2005)
  7. Screaming Trees: Winter Song (1992)
  8. The Coral: Walking in the Winter (2010)
  9. Animal Collective: Winter´s Love (2004)
  10. Aztec Camera: Walk out to Winter (1983)

LOS PLANETAS: la leyenda del espacio

29 Nov

O máis extraordinario fenómeno indie do estado español (tómese o de extraordinario como se queira) Los Planetas sacou novo disco este ano, tras un silencio de tres anos que perduraba desde a publicación no 2004 de Los Planetas contra la Ley de la Gravedad. La Leyenda del Espacio, nome do traballo, é unha homenaxe a La Leyenda del Tiempo, disco emblemático de Camarón de la Isla.O derradeiro corte do álbume, Sideral, conta coa colaboración de Enrique Morente.O primeiro single, Alegrías del Incendio, está dirixido por Luis Cerveró, e recrea unha atmósfera íntima e poética, sen demasiadas estridencias técnicas. Trátase da narración visual dunha relación física entre dúas persoas con moita química, interpretadas polos actores Irene Asensio e Mario Custodio Cordobés.Apoiándose nalgunhas metáforas visuais e no contido da canción, pero baseándose en imaxes directas, plasman unha linguaxe corporal en sintonía coa música de Los Planetas. Intensa, atrevida e experimental, é como unha historia de amor xermolando os seus primeiros froitos. O video comunica as sensacións e sentimentos que transmitían os seus primeiros singles. 

LOS SANTOS

14 Nov

lossantos_050107022744.jpg

preme na imaxe para acceder ao myspace da banda

Nados en Sada e autodenominados a mellor banda de rock and roll de Galicia, levan unhos cantos anos paseando os seus tres acordes alí onde nos paguen máis de 150 . O seu obxectivo é desbancar aos Rolling Stones, xa que estes non son tan bos como se di. Consideran que a escena musical galega apesta e as súas influencias van desde Cañita Brava a G.G. Allin.Esta é a tarxeta de presentación de Los Santos, unha das bandas máis frescas e esperanzadoras da escena musical nacional. Son irreverentes, subversivos, machacantes e posúen unha actitude que non deixa a ninguén indiferente.O seu estilo é unha mestura de rock clásico como o que podería facer o seu mentor, Little Richard, pero con contundentes doses de punk, de surf e psicobilly e os seus concertos adoitan ser atronadoras orxías sonoras nos que con frecuencia rompen os límites da realidade, da vergoña e do desenfreo, todo iso a base da fórmula máxica do rock: unicamente guitarra, baixo e batería.  

 fonte: manerasdevivir.com

tarantinadas

6 Nov

A última peli de Tarantino inclue esta canción de April March que se chama Chick Habits e que a min me parece chulísima.

musica mala pegadiza graciosa

6 Nov

Lévoa cantando semanas, pero a sigo a atopar tan graciosa…

jeje…e que isto estaba a ficar serio de máis.